Dentro das actividades programadas por VIEIRO, onte luns tivo lugar a charla en colaboración con Basket Xiria do PROGRAMA PREVENCIÓN NO DEPORTE: “XOGO LIMPO”
Dentro da programación de prevención no ámbito xuvenil, a Asociación Vieiro en colaboración coa Escola Basket Xiria, celebraron unha charla / obradoiro impartida pola psicóloga de Vieiro: Lara Periscal Taibo, no Auditorio da Biblioteca Municipal Rego da Balsa de Carballo, en horario de 19:15 a 20:30h
Estes obradoiros destinados aos/ás deportistas que levan por título: “DES-CONECTA” e que están dedicados a facilitar información sobre ás novas tecnoloxías, centrándose máis polo miúdo nas máis utilizadas polos mozos/as: Internet e redes sociais, videoxogos, smartphone, xogos de azar (apostas e xogos online), etc. Tamén se proporcionarán pautas de actuación ante situacións conflitivas derivadas do mal uso destas.
Agradecer a Lara Periscal e a Asociación Vieiro contar co noso Club, para impartir unha charla moi interesante, amena e didáctica, da que esperamos que os nos@s xogador@s saquen moito proveito dela.